Co obxectivo de fomentar o coñecemento da Neurorradioloxía Intervencionista, así como a promoción e difusión dos valores asociados a ela nas súas diferentes facianas, cumprindo deste xeito cos fins para os que foi creada, a Cátedra de Neurorradioloxía Intervencionista da USC, convoca o II Premio a Traballos de Fin de Grao sobre Neurorradioloxía Intervencionista.

DESTINATARIOS/AS
Poderán presentarse a este premio todos/as os/as estudantes que teñan defendido durante o curso académico 2021/2022 un Traballo de Fin de Grao (TFG) de Medicina en calquera universidade española, que tivera como tema de estudo aspectos relacionados co neurointervencionismo, e que tiveran acadado a máxima cualificación académica de sobresaliente por parte das respectivas
comisións.

PREMIO
Outorgarase un único premio en metálico de 500.-€ (cincocentos euros) para o traballo gañador, acompañado do correspondente diploma acreditativo. No caso de haber máis dun/dunha gañador/a, o importe do premio repartiríase en partes iguais para cada unha delas.
No caso de que o xurado considere que ningún dos traballos presentados acada un nivel axeitado podería declararse deserto o premio. O pagamento realizarase por transferencia bancaria á conta do gañador ou gañadores con cargo á partida orzamentaria da Cátedra 5055-4339-22900.

AMPLIAR INFORMACIÓN

Más información en:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/115774/carga.htm