Co obxectivo de fomentar o coñecemento no ámbito da neurorradioloxía intervencionista, creouse a Cátedra Institucional de Neurorradioloxía Intervencionista da USC e a Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación resolve convocar a I Edición para Axudas de investigación desta Cátedra.
OBXECTO DA CONVOCATORIA:
Convocar para o exercicio 2022, en réxime de concorrencia competitiva unha axuda por importe de 3.000 € para traballos de investigación sobre a Neurorradioloxía Intervencionista.
O período de execución do traballo de investigación será o comprendido entre a sinatura da carta de aceptación e o 30 de novembro de 2022.
CONTÍA DA AXUDA E FINANCIAMENTO:
O total das axudas que se concedan de conformidade con esta convocatoria será de 3.000.-€ (tres mil euros) e financiaranse con cargo á partida orzamentaria da Cátedra Neurorradioloxía Intervencionista 5055-4339-22900 para o exercicio 2022.A axuda poderá financiar ata o 100 por 100 dos custos marxinais da investigación e poderá utilizarse para financiar os seguintes gastos derivados directamente da execución:
– Adquisición de pequenos equipamentos científico-técnicos
– Material Bibliográfico
– Material Funxible
– Axudas de custo e locomoción
– Pagamento a outras entidades pola utilización de servizos necesarios para a investigación
– Gastos asociados á publicación científica.
En ningún caso poderá ser destinadas a custos de persoal.
REQUISITOS PARA OPTAR Á AXUDA:
Poderán ser beneficiarios das axudas, todas aquelas universidades e as entidades que teñan actividade e finalidade investigadora, personalidade xurídica propia e capacidade suficiente de obrar. As solicitudes deberán ser presentadas por persoas físicas con capacidade investigadora vinculadas as entidades mencionadas no parágrafo anterior (doutorandos/as, investigadores/as, profesores/as universitarios, nacionais ou estranxeiros/as) que desenvolvan a súa actividade investigadora sobre a Neurorradioloxía Intervencionista. As ditas persoas actuarán como investigadores principais e serán os responsables da execución dos gastos necesarios para o desenvolvemento dos proxectos.
AMPLIAR INFORMACIÓN:
Más información en:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/115773/carga.htm